Anos despois do sucedido en Dune, a casa Atreides prosperou e agora rixe no Universo... pero eso non fai máis que aumentar as intrigas arredor da corte e os xoves fillos de Paul Muab’Dib Atreides (Leto II e Ghanima) se verán arrastrados cara aos seus respectivos destinos. A película reúne o segundo e terceiro libro da saga de Frank Herbert tomando o título do terceiro.
Venres, 13 de outubro de 1972. Un avión que transportaba a un equipo de deportistas sudamericans, estrélase en pleno corazón dos Andes. Tras varios días de intensa busca, en condicións climáticas imposibles debido as tormentas de neve, as autoridades abandonan e dan por perdidos a tódolos pasaxeiros. A pesar de todo, o grupo de xoves logra sobrevivir durante máis de dous meses e nesta situación de vida ou morte a relación entre eles se volve máis estreita, aínda que as emocións se disparan. Dous dos supervivintes consiguen cruzar as montañas a pé e pedir axuda nun pequeno poboado. A película, baseada nun feito real que conmocionó ao mundo, conta con crudeza a terrible aventura dos pasaxeiros do avión. As paisaxes nas que se desenvolve a acción son impresionantes. Narrada con ritmo e habilidade, mantén a emoción ata o final.
Eiquí tedes unha pequena homenaxe aos protagonistas reais desta odisea