lunes, 19 de mayo de 2008

"Doce monos", 1995, de Terry Gilliam

"5 millóns de persoas morrerán a causa dun virus letal no ano 1997. Os supervivientes abandonarán a superficie terrestre. De novo, os animais volverán a dominar o mundo".
Así é como comeza este thriller de ciencia ficción no que un virus letal erradica a raza humana da faz da Terra no ano 1997 e os supervivientes venxe na obriga de vivir en covas subterráneas. A única esperanza de futuro que teñen é averiguar que desencadenou a traxedia e para iso, no ano 2035 reclutan a James Cole, un recluso que será enviado ao pasado para descubrir a orixen do virus (e facilitar a creación dunha vacina). Pero, ao chegar ao ano 1996, Cole será tomado por un tolo e só unha psiquiatra lle axudará na súa búsqueda. Durante esa viaxe, Cole coñecerá a Jeffrey Goines, un xoven trastornado que lle falará sobre "O exército dos 12 Monos", cuxa simboloxía é unha das imaxes que se repite na súa mente.
A película foi premiada cun Globo de Ouro ao mellor actor secundario (Brad Pitt) en 1996.
Se queredes consultar algunhas curiosidades sobre a película, clickade eiquí: Curiosidades sobre o film.

Se queredes obter información sobre aspectos científicos relacionados coa posibilidade de viaxar ao pasado tratada no film, clickade eiquí: ciencia versus ficción.

A continuación podedes ver unha escena da película:



FICHA TÉCNICA

viernes, 9 de mayo de 2008

"Alien, el octavo pasajero", 1979, de Ridley Scott

Mentres volve a Terra, a nave cargueiro Nostromo recibe unha sinal de axuda procedente dun planeta. Os tripulantes exploran a superficie do planeta, e un deles é atacado por un ser descoñecido que se adhere ao seu rostro e le mantén en animación suspendida durante unhas horas, tras as cales se desenvolve dentro do desafortunado un perigoso alieníxena que comeza a atacar aos tripulantes da nave.
Segunda película de Ridley Scott, excelente mestura de terror e ciencia ficción. Os xeniais decorados de H.R.Giger (baseados nas suas propias obras), supuxeron o Oscar da academia á mellor dirección artística en 1979.
Para consultar algunhas curiosidades sobre a rodaxe da película, clickade eiquí: curiosidades da rodaxe.
No seguinte blog tamén podedes atopar algunhas reflexións científicas sobre a Teoría da Relatividade de Einstein e o verdadeiro octavo pasaxeiro de Alien...: Ciencia versus Ficción.

FICHA TÉCNICA