
Así é como comeza este thriller de ciencia ficción no que un virus letal erradica a raza humana da faz da Terra no ano 1997 e os supervivientes venxe na obriga de vivir en covas subterráneas. A única esperanza de futuro que teñen é averiguar que desencadenou a traxedia e para iso, no ano 2035 reclutan a James Cole, un recluso que será enviado ao pasado para descubrir a orixen do virus (e facilitar a creación dunha vacina). Pero, ao chegar ao ano 1996, Cole será tomado por un tolo e só unha psiquiatra lle axudará na súa búsqueda. Durante esa viaxe, Cole coñecerá a Jeffrey Goines, un xoven trastornado que lle falará sobre "O exército dos 12 Monos", cuxa simboloxía é unha das imaxes que se repite na súa mente.
A película foi premiada cun Globo de Ouro ao mellor actor secundario (Brad Pitt) en 1996.
Se queredes consultar algunhas curiosidades sobre a película, clickade eiquí: Curiosidades sobre o film.
Se queredes obter información sobre aspectos científicos relacionados coa posibilidade de viaxar ao pasado tratada no film, clickade eiquí: ciencia versus ficción.
A continuación podedes ver unha escena da película:
No hay comentarios:
Publicar un comentario