Mostrando entradas con la etiqueta Guerra biolóxica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Guerra biolóxica. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de mayo de 2008

"Doce monos", 1995, de Terry Gilliam

"5 millóns de persoas morrerán a causa dun virus letal no ano 1997. Os supervivientes abandonarán a superficie terrestre. De novo, os animais volverán a dominar o mundo".
Así é como comeza este thriller de ciencia ficción no que un virus letal erradica a raza humana da faz da Terra no ano 1997 e os supervivientes venxe na obriga de vivir en covas subterráneas. A única esperanza de futuro que teñen é averiguar que desencadenou a traxedia e para iso, no ano 2035 reclutan a James Cole, un recluso que será enviado ao pasado para descubrir a orixen do virus (e facilitar a creación dunha vacina). Pero, ao chegar ao ano 1996, Cole será tomado por un tolo e só unha psiquiatra lle axudará na súa búsqueda. Durante esa viaxe, Cole coñecerá a Jeffrey Goines, un xoven trastornado que lle falará sobre "O exército dos 12 Monos", cuxa simboloxía é unha das imaxes que se repite na súa mente.
A película foi premiada cun Globo de Ouro ao mellor actor secundario (Brad Pitt) en 1996.
Se queredes consultar algunhas curiosidades sobre a película, clickade eiquí: Curiosidades sobre o film.

Se queredes obter información sobre aspectos científicos relacionados coa posibilidade de viaxar ao pasado tratada no film, clickade eiquí: ciencia versus ficción.

A continuación podedes ver unha escena da película:



FICHA TÉCNICA