Mostrando entradas con la etiqueta medioambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medioambiente. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de abril de 2008

"Una verdad incómoda", 2006, de Davis Guggemheim


A especie humana está sentada nunha bomba de reloxería. Se a maioría dos científicos do mundo teñen razón, apenas quedan dez anos para evitar unha catástrofe de grandes proporcións que podería facer entrar o clima do planeta nunha espiral destructiva con temperaturas extremas, inundacións, sequías, epidemias e oleadas de calor ata agora descoñecidas. Unha catástrofe preparada polos homes.
O documental, ademáis de expoñer claramente os feitos de facer algunhas prediccións, conta a historia persoal de Al Gore, desde o universitario idealista que comezou a se-preocupar pola crise medioambiental a escala mundial, pasando polo xoven senador que debeu se enfrontar a unha terrible traxedia familiar, ata o home que case chegou a presidente pero que retornou ao medioambiente, convencido de que aínda podemos facer algo.