Mostrando entradas con la etiqueta Sistema Solar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sistema Solar. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de abril de 2008

"Planeta rojo", 2000, de Anthony Hoffman

É o ano 2050 e a Terra está a pagar as consecuencias dos seus pecados: superpoboación e contaminación. Durante anos, sen embargo, enviáronse algas a Marte, e bombardeáronse os polos para derretir o xeo e liberar o osíxeno.
A actual misión a cargo da comandante Bowman ten un obxectivo claro: descubrir a causa pola cal recentemente os niveis de osíxeno na atmósfera baixaron abruptamente. Alá viaxan os seis cosmonautas para informar e solucionar o problema se é posible. A primeira misión tripulada a Marte. Aínda que non todo sae ben: Un accidente fai que os plans de aterrizaxe sexan abortados e con moita dificultade parte da expedición logra aterrizar. Os seus recursos, ao afrontar esta emerxencia, son escasos e deberán loitar contra as suas propias limitacións técnicas, as suas dúbidas e máis dunha sorpresa inesperada.

jueves, 10 de abril de 2008

"¡Mars attacks!", 1996, de Tim Burton

Os satélites detectaron a chegada de varios platillos volantes procedentes do planeta Marte. A noticia causa gran conmoción na Terra. Tras atopar un modo de comunicación, realízase un primer contacto cos marcianos, que ten drásticas consecuencias. Agora os intentos do goberno americano están destinados a previr e evitar un ataque alieníxena, a pesar de que os marcianos non parecen ter outras intencións que non sexan aniquilar a toda a raza humana.
Se queredes coñecer algunhas curiosidades sobre a rodaxe desta película, pincha aquí:

Curiosidades da rodaxe

FICHA TÉCNICA