Mostrando entradas con la etiqueta Historia real. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia real. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de agosto de 2008

"Viven", 1993, de Frank Marshall

Venres, 13 de outubro de 1972. Un avión que transportaba a un equipo de deportistas sudamericans, estrélase en pleno corazón dos Andes. Tras varios días de intensa busca, en condicións climáticas imposibles debido as tormentas de neve, as autoridades abandonan e dan por perdidos a tódolos pasaxeiros. A pesar de todo, o grupo de xoves logra sobrevivir durante máis de dous meses e nesta situación de vida ou morte a relación entre eles se volve máis estreita, aínda que as emocións se disparan. Dous dos supervivintes consiguen cruzar as montañas a pé e pedir axuda nun pequeno poboado.
A película, baseada nun feito real que conmocionó ao mundo, conta con crudeza a terrible aventura dos pasaxeiros do avión. As paisaxes nas que se desenvolve a acción son impresionantes. Narrada con ritmo e habilidade, mantén a emoción ata o final.

Eiquí tedes unha pequena homenaxe aos protagonistas reais desta odisea



FICHA TÉCNICA

lunes, 14 de abril de 2008

"El dilema", 1999, de Michael Mann

Unha tabaqueira despide a Jeffrey Wigand, un dos executivos, que non está dacordo cos métodos praticados pola empresa tabaqueira. Jeffrey informa a Lowel Bergman, produtor do prestixioso informativo da CBS "60 minutos", sobre os aditivos que as compañías tabaqueiras empregan na fabricación de cigarrillos coa finalidade de incrementar a adicción ao tabaco, e sobre o efecto canceríxeno dun deles.
Esta película, baseada nunha historia real, narra a longa loita nun caso de saúde pública contra as poderosas empresas tabaqueiras.