sábado, 12 de abril de 2008

"Contact", 1998, de Robert Zemeckis

Película baseada na novela homónima do astrónomo e escritor Carl Sagan, gañadora do premio Pulitzer en 1985. En Contact, Ellie Arroway, tras a morte do seu pai e unha infancia solitaria, dedica toda a súa vida ao estudio da ciencia e a poder se-comunicar algún día con seres de outras galaxias. Como especialista en radioastronomía, Ellie se integra no programa SETI de investigación de vida extraterrestre e un día recibe unha mensaxe dunha civilización extraterrestre. Cando a mensaxe é descifrada, indica como construir "a máquina", un aparato para viaxar a velocidades maiores que as da luz e establecer unha viaxe de contacto cunha civilización máis avanzada.
Moitos aspectos do mundo científico aparecen dunha maneira realista na película: o ambiente fortemente competitivo da ciencia moderna, coa presión por publicar; a parte humana da ciencia onde a personalidade, a ambición e a capacidade intelectual son esenciais; o aspecto altamente tecnolóxico, onde a computación e a enxeñería xogan un papel fundamental; a colaboración entre científicos na interpretación e análise de nova información; e a natureza da estrutura do universo, con posibles modelos sobre a capacidade de atopar solucións a nosa limitación actual de percorrer as distancias interestelares.
O instituto SETI, encarregado de levar a cabo a investigación de sinais de extraterrestres, escribiu un bo resume do que é real e do que é ficción, en "Contact". Se queredes saber que aspectos da película están baseados na realidade e cales non, clickade eiquí:


FICHA TÉCNICA

No hay comentarios: