![](http://bp3.blogger.com/_yukCub6E0o4/SAHoLOaE49I/AAAAAAAAAOE/bNS2Ie9d600/s0-d/contact.jpg)
Moitos aspectos do mundo científico aparecen dunha maneira realista na película: o ambiente fortemente competitivo da ciencia moderna, coa presión por publicar; a parte humana da ciencia onde a personalidade, a ambición e a capacidade intelectual son esenciais; o aspecto altamente tecnolóxico, onde a computación e a enxeñería xogan un papel fundamental; a colaboración entre científicos na interpretación e análise de nova información; e a natureza da estrutura do universo, con posibles modelos sobre a capacidade de atopar solucións a nosa limitación actual de percorrer as distancias interestelares.
O instituto SETI, encarregado de levar a cabo a investigación de sinais de extraterrestres, escribiu un bo resume do que é real e do que é ficción, en "Contact". Se queredes saber que aspectos da película están baseados na realidade e cales non, clickade eiquí:
FICHA TÉCNICA
No hay comentarios:
Publicar un comentario