
Película que narra a vida da antropóloga
Dian Fossey en África, onde debe realizar un censo sobre gorilas de montaña en perigo de extinción. Acompañada du nativo rastreador, comezará o seu traballo quedando fascinada pola vida deses animais aos que estuda sen nengún tipo de problema. No seu intento de protexer a especie, a Doctora Fossey terá serios problemas coas autoridades e cazadores furtivos que venden as crías aos zoolóxicos e matan aos adultos para a fabricación de souvenirs.
É unha película cuxas paisaxes e escenas da vida cotiá dos gorilas son espectaculares, e na que unha especie da Terra e o seu equilibrio natural se sitúa por enriba dos intereses económicos e políticos.
En 1988 esta película foi premiada cos Oscars a mellor actriz e ao mellor guión adaptado.
FICHA TÉCNICA
No hay comentarios:
Publicar un comentario