sábado, 12 de abril de 2008

"Pi, fe en el caos", 1998, de Darren Aronofsky

Max Cohen é un brillante matemático paranoico e inseguro que construíu no seu piso un gran computador (Euclides) a partir de pezas recicladas e co que pretende demostrar que calquera sistema complexo está determinado por un mismo patrón numérico universal. En concreto, está tratando de descubrir ese modelo a partir das variacións do mercado de valores de Wall Street. Unha vez atopado, permitiríalle coñecer a pauta que rixe todo o universo, desde as follas das árbores ata a galaxia máis lexana, pasando pola propia existencia humana. Pero para Max esta búsqueda non é nada sinxela, xa que ademáis de sofrir brutais xaquecas, está sendo acosado, por unha banda por unha agresiva corporación de Wall Street que quere obter esa fórmula xenial para apostar sobre seguro, e por outra, polos membros da secta xudía Hasidica que a través do estudo da Torah trata de chegar a Deus.
Esta é unha película de culto, destacada por ser unha das narracións máis obsesivas, orixinais e surrealistas do cine recente, que gañou o premio ao mellor director no festival de Sundance de cine independente.




No hay comentarios: