domingo, 10 de agosto de 2008

"Los hijos de Dune", 2003, de Greg Yaitanes

Anos despois do sucedido en Dune, a casa Atreides prosperou e agora rixe no Universo... pero eso non fai máis que aumentar as intrigas arredor da corte e os xoves fillos de Paul Muab’Dib Atreides (Leto II e Ghanima) se verán arrastrados cara aos seus respectivos destinos. A película reúne o segundo e terceiro libro da saga de Frank Herbert tomando o título do terceiro.


FICHA TÉCNICA

"Viven", 1993, de Frank Marshall

Venres, 13 de outubro de 1972. Un avión que transportaba a un equipo de deportistas sudamericans, estrélase en pleno corazón dos Andes. Tras varios días de intensa busca, en condicións climáticas imposibles debido as tormentas de neve, as autoridades abandonan e dan por perdidos a tódolos pasaxeiros. A pesar de todo, o grupo de xoves logra sobrevivir durante máis de dous meses e nesta situación de vida ou morte a relación entre eles se volve máis estreita, aínda que as emocións se disparan. Dous dos supervivintes consiguen cruzar as montañas a pé e pedir axuda nun pequeno poboado.
A película, baseada nun feito real que conmocionó ao mundo, conta con crudeza a terrible aventura dos pasaxeiros do avión. As paisaxes nas que se desenvolve a acción son impresionantes. Narrada con ritmo e habilidade, mantén a emoción ata o final.

Eiquí tedes unha pequena homenaxe aos protagonistas reais desta odisea



FICHA TÉCNICA

lunes, 19 de mayo de 2008

"Doce monos", 1995, de Terry Gilliam

"5 millóns de persoas morrerán a causa dun virus letal no ano 1997. Os supervivientes abandonarán a superficie terrestre. De novo, os animais volverán a dominar o mundo".
Así é como comeza este thriller de ciencia ficción no que un virus letal erradica a raza humana da faz da Terra no ano 1997 e os supervivientes venxe na obriga de vivir en covas subterráneas. A única esperanza de futuro que teñen é averiguar que desencadenou a traxedia e para iso, no ano 2035 reclutan a James Cole, un recluso que será enviado ao pasado para descubrir a orixen do virus (e facilitar a creación dunha vacina). Pero, ao chegar ao ano 1996, Cole será tomado por un tolo e só unha psiquiatra lle axudará na súa búsqueda. Durante esa viaxe, Cole coñecerá a Jeffrey Goines, un xoven trastornado que lle falará sobre "O exército dos 12 Monos", cuxa simboloxía é unha das imaxes que se repite na súa mente.
A película foi premiada cun Globo de Ouro ao mellor actor secundario (Brad Pitt) en 1996.
Se queredes consultar algunhas curiosidades sobre a película, clickade eiquí: Curiosidades sobre o film.

Se queredes obter información sobre aspectos científicos relacionados coa posibilidade de viaxar ao pasado tratada no film, clickade eiquí: ciencia versus ficción.

A continuación podedes ver unha escena da película:



FICHA TÉCNICA

viernes, 9 de mayo de 2008

"Alien, el octavo pasajero", 1979, de Ridley Scott

Mentres volve a Terra, a nave cargueiro Nostromo recibe unha sinal de axuda procedente dun planeta. Os tripulantes exploran a superficie do planeta, e un deles é atacado por un ser descoñecido que se adhere ao seu rostro e le mantén en animación suspendida durante unhas horas, tras as cales se desenvolve dentro do desafortunado un perigoso alieníxena que comeza a atacar aos tripulantes da nave.
Segunda película de Ridley Scott, excelente mestura de terror e ciencia ficción. Os xeniais decorados de H.R.Giger (baseados nas suas propias obras), supuxeron o Oscar da academia á mellor dirección artística en 1979.
Para consultar algunhas curiosidades sobre a rodaxe da película, clickade eiquí: curiosidades da rodaxe.
No seguinte blog tamén podedes atopar algunhas reflexións científicas sobre a Teoría da Relatividade de Einstein e o verdadeiro octavo pasaxeiro de Alien...: Ciencia versus Ficción.

FICHA TÉCNICA

jueves, 17 de abril de 2008

"Los hijos de Dune", 2003, de Frank Herbert


Anos despois do ocurrido en Dune, a casa Atreides prosperou e agora rixe no Universo ...pero iso non fai máis que aumentar as intrigas arredor da corte e os xoves fillos de Paul Muab’Dib Atreides (Leto II e Ghanima) veránse arrastrados cara aos seus respectivos destinos. Os fillos de Dune reúne o segundo e terceiro libro da saga de Frank Herbert tomando o título do terceiro

FICHA TÉCNICA

miércoles, 16 de abril de 2008

"Planeta rojo", 2000, de Anthony Hoffman

É o ano 2050 e a Terra está a pagar as consecuencias dos seus pecados: superpoboación e contaminación. Durante anos, sen embargo, enviáronse algas a Marte, e bombardeáronse os polos para derretir o xeo e liberar o osíxeno.
A actual misión a cargo da comandante Bowman ten un obxectivo claro: descubrir a causa pola cal recentemente os niveis de osíxeno na atmósfera baixaron abruptamente. Alá viaxan os seis cosmonautas para informar e solucionar o problema se é posible. A primeira misión tripulada a Marte. Aínda que non todo sae ben: Un accidente fai que os plans de aterrizaxe sexan abortados e con moita dificultade parte da expedición logra aterrizar. Os seus recursos, ao afrontar esta emerxencia, son escasos e deberán loitar contra as suas propias limitacións técnicas, as suas dúbidas e máis dunha sorpresa inesperada.

"Una verdad incómoda", 2006, de Davis Guggemheim


A especie humana está sentada nunha bomba de reloxería. Se a maioría dos científicos do mundo teñen razón, apenas quedan dez anos para evitar unha catástrofe de grandes proporcións que podería facer entrar o clima do planeta nunha espiral destructiva con temperaturas extremas, inundacións, sequías, epidemias e oleadas de calor ata agora descoñecidas. Unha catástrofe preparada polos homes.
O documental, ademáis de expoñer claramente os feitos de facer algunhas prediccións, conta a historia persoal de Al Gore, desde o universitario idealista que comezou a se-preocupar pola crise medioambiental a escala mundial, pasando polo xoven senador que debeu se enfrontar a unha terrible traxedia familiar, ata o home que case chegou a presidente pero que retornou ao medioambiente, convencido de que aínda podemos facer algo.

lunes, 14 de abril de 2008

"El dilema", 1999, de Michael Mann

Unha tabaqueira despide a Jeffrey Wigand, un dos executivos, que non está dacordo cos métodos praticados pola empresa tabaqueira. Jeffrey informa a Lowel Bergman, produtor do prestixioso informativo da CBS "60 minutos", sobre os aditivos que as compañías tabaqueiras empregan na fabricación de cigarrillos coa finalidade de incrementar a adicción ao tabaco, e sobre o efecto canceríxeno dun deles.
Esta película, baseada nunha historia real, narra a longa loita nun caso de saúde pública contra as poderosas empresas tabaqueiras.

sábado, 12 de abril de 2008

"Gorilas en la niebla" , 1988, de Michael Apted

Película que narra a vida da antropóloga Dian Fossey en África, onde debe realizar un censo sobre gorilas de montaña en perigo de extinción. Acompañada du nativo rastreador, comezará o seu traballo quedando fascinada pola vida deses animais aos que estuda sen nengún tipo de problema. No seu intento de protexer a especie, a Doctora Fossey terá serios problemas coas autoridades e cazadores furtivos que venden as crías aos zoolóxicos e matan aos adultos para a fabricación de souvenirs.
É unha película cuxas paisaxes e escenas da vida cotiá dos gorilas son espectaculares, e na que unha especie da Terra e o seu equilibrio natural se sitúa por enriba dos intereses económicos e políticos.
En 1988 esta película foi premiada cos Oscars a mellor actriz e ao mellor guión adaptado.

FICHA TÉCNICA

"Star Wars, episodio IV: La guerra de las Galaxias, una nueva esperanza", 1977, de George Lucas

A princesa Leia, líder do movemento rebelde que desexa reinstaura-la República na galaxia, é capturada polas malévolas Forzas Imperiais, capitaneadas polo implacable Darth Vader. O intrépido Luke Skywalker, axudado por Han Solo, capitán da nave espacial "O Falcón Milenario", e os androides, R2D2 e C3PO, serán os encargados de loitar contra o enemigo e rescatar a princesa para volver a instaura-la xustiza na Galaxia.

FICHA TÉCNICA

"Star Wars, episodio V: El imperio contraataca", 1980, de George Lucas

O Imperio descubriu unha base secreta rebelde. Estes vense na obriga de emprender a fuxida. Nela, os protagonistas se separan, e mentres Luke Skywalker se dirixe a recibir o seu entrenamento de cabaleiro jedi de mans do gran mestre Yoda, o resto de protagonistas intentan fuxir das naves imperiais, e buscan refuxio nunha estación mineira.

FICHA TÉCNICA

"Star Wars, episodio VI: El retorno del Jedi", de George Lucas

Varios rebeldes se trasladan ao planeta Tattoine para rescatar ao seu amigo Han Solo, conxelado no palacio do gangster Jabba o Hutt. Xunto a el, prepararán o asalto a estación espacial de combate do Imperio, a temible Estrela da Morte, para acabar co proxecto e co líder imperial, que se atopa na propia estación. Para iso, deben desactivar as defensas da estación, situadas na boscosa lúa de Endor.


Trilogía "Tierra, Génesis, Deep Blue"

"Terra. A película do noso planeta"
Documental que usa o sol como guía e parte cara a unha apasionante viaxe con escala no Ártico, onde unha familia de osos polares esperta baixo as primeiras luces da primavera en busca de comida antes do desxeo. A medio mundo de distancia, unha elefanta e a súa cría deben compartir a escasa auga dispoñible cunha orgullosa manda de leóns. Nesta trepidante viaxe tamén aparece unha balea xorobada na súa migración de 6.000 km. ata a Antártida. "Terra" é unha viaxe a través das distintas estacións e da loita diaria pola supervivencia no noso planeta.



"Xénese"
Mesturando humor e seriedade, inocencia e sabiduría, un “griot” african (especie de trobador/contacontos) utiliza a linguaxe evocadora do mito e a fábula para relatar o nacemento do universo e as estrelas, os ardentes comezos de noso planeta e a aparición da vida na terra; pero se trata dunha historia real, de nosa historia. Fálanos do tempo, a materia, o nacemento, o amor e a morte. Os animais son os protagonistas desta "Xénese" extravagante, moderna e intemporal.





"Deep blue"

Innovador documental que amosa imaxes únicas do mundo oceánico reunidas durante varios anos de rodaxe. Un dos proxectos máis singulares e completos do cine documental, que introduce aos espectadores no espectáculo dos mares e co que é posible realizar unha viaxe desde os máis superficiais arrecifes de coral ata as exiguas costas do Antártico e desde as vastas extensións do mar aberto aos abismos máis profundos do océano.

"Pi, fe en el caos", 1998, de Darren Aronofsky

Max Cohen é un brillante matemático paranoico e inseguro que construíu no seu piso un gran computador (Euclides) a partir de pezas recicladas e co que pretende demostrar que calquera sistema complexo está determinado por un mismo patrón numérico universal. En concreto, está tratando de descubrir ese modelo a partir das variacións do mercado de valores de Wall Street. Unha vez atopado, permitiríalle coñecer a pauta que rixe todo o universo, desde as follas das árbores ata a galaxia máis lexana, pasando pola propia existencia humana. Pero para Max esta búsqueda non é nada sinxela, xa que ademáis de sofrir brutais xaquecas, está sendo acosado, por unha banda por unha agresiva corporación de Wall Street que quere obter esa fórmula xenial para apostar sobre seguro, e por outra, polos membros da secta xudía Hasidica que a través do estudo da Torah trata de chegar a Deus.
Esta é unha película de culto, destacada por ser unha das narracións máis obsesivas, orixinais e surrealistas do cine recente, que gañou o premio ao mellor director no festival de Sundance de cine independente.




"Encuentros en la tercera fase", 1977, de Steven Spielberg

A presencia de extraterrestres é detectada por un técnico eletricista e un ama de casa, que tiveron contacto en primeira e segunda fases (visualizacións e probas tanxibles), e cuxas vidas sufren un gran cambio. Pouco despois, o fillo dela desaparece misteriosamente, culpando do feito aos estraños seres. Un equipo de militares e científicos estudan o fenómeno, mantendo as investigacións en secreto.


FICHA TÉCNICA

"Minority Report", 2002, de Steven Spielberg

Washington, ano 2054. O policía John Anderton, traballa na organización Pre-Crimen, na que os axentes teñen como misión arrestar a asasinos antes de cometer os seus crimes, gracias a unha avanzadísima tecnoloxía baseada na existencia de tres persoas denominadas pre-cogs (abreviatura de pre-cognoscentes) capaces de predecir feitos futuros. Un día, Anderton ve como as cousas cambian radicalmente para el, ao ser acusado dun futuro crime.
Esta película está baseada nunha narración de Philip K. Dick, un dos más grandes escritores de ciencia ficción, autor tamén de Blade Runner e Desafío Total.
Se queredes consultar varias curiosidades sobre a película, non esquezas ler o apartado "guiño para cinéfilos" que podedes encontrar clickando eiquí: guiño para cinéfilos.



FICHA TÉCNICA

"Yo, Robot", 2004, de Alex Proyas

Film situado no ano 2034, baseado no relato homónimo do pai da robótica Isaac Asimov e nas súas famosas tres leis da robótica: 1) Un robot non pode facer dano a un ser humano, ou pola sua pasividade, permitir que o sufra. 2) Un robot debe obedecer as ordes dun humano, agás no caso de entrar en conflito coa primeira lei. 3) Un robot debe se-autoprotecer, a non ser que entre en conflicto coas outras dúas leis.
A trama relata a investigación do asasinato dun coñecido científico, disenador de robots, polo detective Spooner, que está en contra da presencia dos robots na vida cotiá. O principal suspeitoso da morte é un robot, Sonny, e isto pode prexudicar gravemente á empresa U. S. Robotics na súa intención de comercializar masivamente unha nova xeración de androides. A siquiatra de robots Susan Calvin axudará ao policía na súa investigación.
A película afonda na idea dunha humanidade cada vez máis deshumanizada e solitaria, que contrasta co robot Sonny, que comeza a presentar reaccións de auténtica persoa.


"Contact", 1998, de Robert Zemeckis

Película baseada na novela homónima do astrónomo e escritor Carl Sagan, gañadora do premio Pulitzer en 1985. En Contact, Ellie Arroway, tras a morte do seu pai e unha infancia solitaria, dedica toda a súa vida ao estudio da ciencia e a poder se-comunicar algún día con seres de outras galaxias. Como especialista en radioastronomía, Ellie se integra no programa SETI de investigación de vida extraterrestre e un día recibe unha mensaxe dunha civilización extraterrestre. Cando a mensaxe é descifrada, indica como construir "a máquina", un aparato para viaxar a velocidades maiores que as da luz e establecer unha viaxe de contacto cunha civilización máis avanzada.
Moitos aspectos do mundo científico aparecen dunha maneira realista na película: o ambiente fortemente competitivo da ciencia moderna, coa presión por publicar; a parte humana da ciencia onde a personalidade, a ambición e a capacidade intelectual son esenciais; o aspecto altamente tecnolóxico, onde a computación e a enxeñería xogan un papel fundamental; a colaboración entre científicos na interpretación e análise de nova información; e a natureza da estrutura do universo, con posibles modelos sobre a capacidade de atopar solucións a nosa limitación actual de percorrer as distancias interestelares.
O instituto SETI, encarregado de levar a cabo a investigación de sinais de extraterrestres, escribiu un bo resume do que é real e do que é ficción, en "Contact". Se queredes saber que aspectos da película están baseados na realidade e cales non, clickade eiquí:


FICHA TÉCNICA

jueves, 10 de abril de 2008

"El planeta de los simios", 1968, de Franklin J. Schaffner

Tras varios miles de anos vagando polo espacio exterior, unha nave espacial procedente da Terra aterriza nun planeta. O coronel George Taylor xunto con outros dous astronautas espertan do seu estado de profonda hibernación e abandonan a nave para explorar a zona, descubrindo que aterrizaron sobre un estraño planeta dominado por unha civilización de simios capaces de falar e con coñecementos tecnolóxicos, mentres que os homes non son máis que criaturas salvaxes. Taylor é capturado e conducido á cidade dos simios, pero a súa garganta ferida durante a loita impídelle comunicarse cos seus captores.

Este clásico do cine de ciencia ficción foi gañadora dun Oscar pola súa Maquillaxe

FICHA TÉCNICA

"¡Mars attacks!", 1996, de Tim Burton

Os satélites detectaron a chegada de varios platillos volantes procedentes do planeta Marte. A noticia causa gran conmoción na Terra. Tras atopar un modo de comunicación, realízase un primer contacto cos marcianos, que ten drásticas consecuencias. Agora os intentos do goberno americano están destinados a previr e evitar un ataque alieníxena, a pesar de que os marcianos non parecen ter outras intencións que non sexan aniquilar a toda a raza humana.
Se queredes coñecer algunhas curiosidades sobre a rodaxe desta película, pincha aquí:

Curiosidades da rodaxe

FICHA TÉCNICA

"Desafío total", 1990, de Paul Verhoeven

É o ano 2075 e Doug Quaid é un home con moitos problemas que se refuxia nas imaxes do Planeta Vermello, Marte. Obsesionado decide viaxar a el e descobre que o seu pasado e o seu presente tal e como os coñece, non son os seus. Con un enorme esforzo destapa a súa memoria e logra lembrar a súa verdadera identidade.
No ano 1990 foi a única película nominada ao Oscar aos mellores efectos especiais e a gañadora de dito premio.
Se queredes saber algo máis sobre curiosidades relacionadas coa rodaxe da película, pincha aquí:

Curiosidades da rodaxe

FICHA TÉCNICA

"La isla", 2005, de Michael Bay

Lincoln Eco-Seis e Jordan Delta-Dos son dous dos numerosos residentes dun complexo pechado a mediados do século XXI. Todo nas súas vidas cotiás está controlado, aparentemente polo seu propio ben. A única saída -e a esperanza que todos comparten- é ser elixido para ir a "La Isla"-o último rincón sen contaminar do mundo tras un desastre ecolóxico que supostamente eliminou a tódolos habitantes do planeta agás eles. Lincoln, ultimamente acosado por pesadillas inexplicables, cuestiona cada vez máis as restriccións impostas no complexo ata que el e máis Jordan escapan do complexo e descubren que todos eles son máis valiosos mortos que vivos.

FICHA TÉCNICA

"Dune", 1984, de David Lynch

No ano 10.191, dúas familias, os Atreides do planeta Caladan e os Harkonnen de Giedi Prime, loitan por se facer co control da melange, substancia que permite as viaxes a través do espacio e que só pode se conseguir no desértico planeta Arrakis, tamén coñecido como Dune. Segundo a profecía, Paul Atreides, o fillo do Duque deste clan, será o Kwisetch Haderach, o novo mesías que levará a agua a Arrakis e será o novo Emperador do Universo. Unha información que Paul descoñece pero si saben os Navegantes da Cofradía, unha especie de seres superiores mutados e que teñen baixo o seu control ao Emperador Paddisah IV, ao cal implicarán nunha conspiración...

FICHA TÉCNICA

"Matrix", 1999, de Andy e Larry Wachowsky


Nun futuro cercano, un hacker coñecido como Neo, descubre que todo o que existe sobre a Terra non podería ser máis que unha elaborada fachada creada por unha malévola cyberintelixencia, cuxo propósito é aplacar a humanidade mentres a esencia das suas vidas é "cultivada" para proporcionar combustible a Matrix no seu dominio sobre o mundo real. Neo únese a un grupo de guerreiros rebeldes que tamén coñecen a verdade, Morfeo e Trinity, nunha loita sobre un mundo virtual para derrocar a Matrix.

FICHA TÉCNICA

"2001, odisea del espacio", 1968, de Stanley Kubrick

Nos albores da humanidade, un estraño monolito aparece na Terra, e os primates que o rodean pronto comezan a desenvolver destrezas manuais como froito da sua maior intelixencia.
No futuro, a humanidade xa conquistou o e explorou a Lúa e precisamente nunha excavación no solo lunar aparece novamente omonolito. Cando científicos comezan a investigación, este emite un poderoso sinal. Unha misión é enviada a Xúpiter, onde o monolito orbita arredor do planeta. Pero no percorrido, a computadora da nave comeza a operar anormalmente e a atentar contra a vida dos tripulantes da expedición e o único sobreviviente da nave deberá se enfrontar cara a cara co monolito e cos segredos que oculta.

FICHA TÉCNICA